jueves, 12 de noviembre de 2015

Modelo de solicitude

Para elaborar o noso proxecto, vamos contactar con dúas empresas das que agardamos a súa colaboración: Galisol e Pansogal.

CORREO PARA GALISOL
Bos días, empresa Galisol :

Somos un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO do Colexio Salesianos María Auxiliadora de Vigo.

Para a asignatura de Ciencias Sociais e Lingua Galega, estamos elaborando un proxecto que consiste en que debemos visitar unha empresa que sexa respectuosa co medio ambiente, ou que realice algunha acción por conservalo.

Pensamos que podemos escoller a súa empresa porque fabrican máquinas que obteñen enerxía renovable e limpa. Cremos que a súa labor é moi acertada e importante, xa que coidadan moito do medio ambiente e sen xente coma vostedes sería imposible obter enerxía renovable.

Por iso pareceríanos interesante centrar o noso proxecto na vosa empresa e gustaríanos que colaboraredes connosco, concretando un día para levar a cabo a visita.


Dito isto, agradecemos de antemán a vosa colaboración e agardamos unha rápida resposta.


Un saúdo




CORREO PARA PANSOGAL

Bos días, empresa Pansogal:


Somos un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO do Colexio Salesianos María Auxiliadora de Vigo.

Para a asignatura de Ciencias Sociais, estamos elaborando un proxecto que consiste en que debemos visitar unha empresa que sexa respectuosa co medio ambiente, ou que realice algunha acción por conservalo.

Cremos que a súa sería unha boa empresa coa que contactar, xa que fabrican máquinas para a obtención de enerxía renovable. Ademais, abastecen as súas instalacións tamén con enerxía limpa, deste xeito non contaminan o medio ambiente e colaboran para a súa conservación.

Por iso pareceríanos interesante centrar o noso proxecto na súa empresa e gustaríanos que colaboraran connosco, concretando un día para levar a cabo a visita.


Dito isto, agradecemos de antemán a vosa colaboración e agardamos unha rápida resposta.

Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario