jueves, 28 de enero de 2016

Exposición do proxecto

No proxecto visitamos unha empresa de limpeza sustentable a cal comezou con fines económicos e rematou con moito interese por coidar o medio ambiente.

Entre as tarefas que realicei durante o proxecto están a busca de empresas para traballar nelas, a preparación da entrevista a Samyl S.L. investigando sobre ela e elaborando preguntas interesantes, contribuín na entrevista a unha das súas empleadas e posteriormente elaborei xunto cos meus compañeiros de grupo a reportaxe escrita e parte da reportaxe audiovisual.

Na visita á empresa visitamos as instalacións e entrevistamos á encargada de Samyl en Vigo, foi moi amable con nós e resolveu todas as dúbidas que tiñamos e a diferenza doutras/os empleados/as das empresas nas que quixemos basear o traballo, nos deixaron que os visitáramos canto antes.

No traballo en equipo intentamos facer case todo na clase, aínda que tivemos que quedar pola tarde para acabar a reportaxe audiovisual, á cal eu non puiden ir por un problema que suxira. Traballei bastante ben e aportei todas a ideas que se me viñeron á cabeza.

Durante o proxecto aprendín a buscar outras saídas cando surxe algún problema ou neste caso moitas empresas non queren que as visitemos. Tamén aprendín a expresarme mellor de forma escrita e a facer documentos de elaboración propia coma o mapa que fixemos no cal se mostran as empresas de Samyl por toda España.

O máis difícil foi cando comezamos a entrevista, que non falábamos tan fluidamente. Tamén foi difícil elaborar a reportaxe escrita xa que ao principio non sabiamos como contrastar toda a información.

O máis fácil foi no principio, cando comparamos as empresas que atopábamos e buscábamos información sobre elas.

Se tivese que repetir cambiaría os documentos que sacamos da empresa, houbera sacado máis fotos e houbera gravado un vídeo do lugar.

Non cambiaría a elección final da empresa Samyl xa que foron, como xa dixen antes, moi amables con nós e respostaron a todo o que lles preguntamos.