viernes, 10 de marzo de 2017

Diario de aprendizaxe

Neste proxecto da unidade didáctica 3, traballamos a Guerra da Independencia e as Cortes de Cádiz, afondando no motín de Aranxuez e na Pepa. Como produto final tivemos que elaborar un vídeo falando deses feitos.

Na primeira sesión de clase estivemos nas aulas lendo os textos correspondentes ao noso tema e analizando a cronoloxía. Destacamos as palabras máis importantes de vocabulario para despois definilas, Tales coma constitución, antigo réxime, motín, etc. Definilas resultou doado xa que tiñamos coñecemento da maior parte delas polo estudado en temas anteriores. O segundo día de proxecto subimos ás aulas de informática e estivemos na procura de documentos, preferiblemente dunha fonte primaria, para engadir ao vídeo. Ademáis analizamos máis a fondo os textos e retiramos deles os aspectos que consideramos menos relevantes. A terceira sesión transcurriu na aula, onde ensaiamos a lectura do texto para non trabucarnos na grabación e facela máis amena, a parte de elo, rematamos de definir as palabras sinaladas o primeiro día de traballo xa que non tivemos tempo para afondar nas que descoñeciamos. O cuarto día foi o da grabación da voz, tras dous intentos puidemos conseguir un bo audio e o máis claro posible, cando regresamos á aula de informática continuamos coa recopilación de imaxes. No último día, hoxe, estivemos traballando na montaxe do vídeo final.