jueves, 29 de octubre de 2015

Sesión 2

Hoxe estivemos programando o proxecto todos xuntos e non tivemos ningun problema á hora de concretar ideas e plasmalas na entrada. Aproveitamos moi ben o tempo da clase e non nos distraxemos, o traballo en equipo foi moi bo.

Ideas para o proxecto


  • Que tipo de reportaxe sobre a empresa queremos facer?
Queremos que sexa coma se asemelle ao programa de Cuatro Callejeros, que terá entrevistas aos traballadores e traballadoras, e aos xefes da empresa se o permiten.
  • Que pasos temos que seguir para elaborar a reportaxe? 
En primeiro lugar, temos que informarnos máis a fondo sobre a empresa, despois contactaremos con ela e acordaremos un día para visitalos. Cando chegue o día visitaremos a súas instalacións e levaremos a reportaxe. Por último montaremos o vídeo final coas entrevistas.
  • Que contidos/temas podemos abordar a través da reportaxe?
Poderemos saber como funciona a empresa no seu día a día e como contribúen a respectar o medio ambiente. 
  • Outros aspectos a ter en conta.
Pode que teñamos a dificultade de que non nos deixen gravar dentro das instalacións e só podamos sacar fotos. Esperamos que sexan boa xente e respectuosos co noso traballo.

            

domingo, 25 de octubre de 2015

Sesión 1

Durante a sesión do Xoves 22, estiven buscando información xunto aos meus compañeiros de equipo, pero non me deu tempo a redactar a miña entrada xa que só dispoñíamos de dous ordenadores e tiven que acabalo na casa. Ao principio non sabíamos moi ben coma buscar pero a medida que fumos visitando diferentes webs atopamos varias empresas que cumprían os requisitos. Aprendín que hai algunhas empresas que traballan polo medio ambiente pero non son moi abundantes en Vigo.

Empresas en Vigo

NOME DA EMPRESA
SECTOR ECONÓMICO
CARACTERÍSTICAS SUSTENTABLES
LOCALIZACIÓN E DATOS DE CONTACTO
ENLACE PÁXINA WEB
Antega SL
Sector servizos
Consultas sobre o estado da vexetación, fauna, vertederos, senderismo ...
Avda. Hispanidad, 55, 1º A, 36203.
Tlf:
986 425 644
http://www.antega.es/
Ecoplanning SL
Sector servizos
Teñen coma obxectivo elaborar e construír plantas ecolóxicas para a industria química.
Rúa México, 3, 36204.
Teléfono: 986126165
http://www.ecoplanning.com/
Teixugo, Sociedad Cooperativa
Sector servizos
Ofrecen unha educación ambiental para o desenvolvemento das persoas e a mellora do medio ambiente.
Rúa Enrique Lorenzo, 21, 36216.
Teléfono: 665 47 11 92
http://teixugo.com/cms/
Arcea xestión de recursos naturais, SL
Sector servizos.
Investigación da xestión de especies, espacios, procesos naturais. Redacción e execución de proxectos de planeamento, restauración e manexo de hábitats.
Rúa Velázquez Moreno, 9, 3º Ofc. 305, 36201.
Tlf:
986 221 978
http://www.arcea.net/

Saúdo

Ola a todos e todas! Chámome Iria e este vai ser o meu blog da materia de Xeografía e Historia durante este curso, espero que vos guste!