jueves, 19 de noviembre de 2015

Investigando a empresa

EMPRESA SAMYL, S.L.


1)Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, número de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).

A empresa chámase SamyL e é unha sociedade limitada de tamaño considerable. Posúe preto de 1.500 traballadores que traballa en todo o terriotorio nacional. É unha empresa mixta xa que aínda que a súa propiedade é privada a maior parte dos seus beneficios proceden da administración pública.





2)Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.

Pertence ao sector terciario e ao subsector de administración e mantemento.


3)Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.

Actualmente, o sector terciario engloba á maior parte dos traballadores e traballadoras de España e experimenta un rápido crecemento dende os anos '60. A mediados do século XX tan só o 30% da poboación activa se adicaba a este sector e actualmente preto do 70% dos traballadores/as pertencen a el. No mundo o crecemento deste sector tamén está sendo moi importante: nos países desenvolvidos a porcentaxe de poboación activa adicada ao sector servizos é similar á de España,colocándoo no primeiro posto dos sectores máis importantes, aínda que nos países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento segue habendo poucas persoas adicadas ao sector servizos.

  4)Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve


Os principais servizos que realizan son: limpeza e mantemento de infraestruturas, xardinaría pública, integración de persoas discapacitadas, conservación de medio ambiente e mobiliario urbano... A empresa preséntase a concursos para levar a cabo a administración e a limpeza de lugares públicos como os hospitais, pero tamén en establecementos privados coma hoteis.


5)Localización e factores de localización

Pi y Margall, 72, 1ºC, 36202, Vigo
Non está situado neste lugar por razóns concretas. A empresa chegou a Vigo porque na provincia de Potenvedra existía unha grande actividade laboral e industrial pero non colocou o seu local alí por ningunha razón concreta.


6)Factores produtivos que precisa para a produción: recursos naturais, man de obra e capital.

Precisa de empresas que os abastezan de produtos de limpeza para elaborar a cabo as súas accións e posúe máis de 1.600 traballadores que realizan os servizos de limpeza, mantemento e integración de persoas discapacitadas.


7)Mercado ao que se dirixen os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa...)

Diríxese ao mercado nacional, está disponible en toda a Península e Canarias, aínda que o seudirector dirixe tamén outras empresas asociadas que traballan no estranxeiro.
8)Métodos da empresa para reducir custos de produción (deslocalización empresarial), aumentar a produtividade ou a incrementar as vendas (publicidade).

Non realizan a deslocalización empresarial nin ningún tipo de publicidade agás que posúen unha páxina web.



9)Estabilidade laboral dos traballadores

O soldo dos traballadores e traballadoras é estable. Nos concursos nos que participan, as empresas gañadoras non contratan a xente nova, senón que dan emprego a persoas que xa estaban traballando polo que teñen traballo case garantido.
 
10)Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector

O soldo de cada traballador depende dos convenios firmados no seu contrato. Existen moitos convenios, pero non tódolos traballadores pertencen a tódolos convenios.


11)Relacións das empresas con Organizacións empresariais

A empregada que falou connosco non puido respondermos a esta pregunta.


12)Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa

A empresa intenta retirar tódolos produto químicos procedentes das labores de limpeza, usa novas técnicas limpas para levar a cabo o mantemento das augas de hoteis e hospitais como a auga ionizada, desinfección e purificación ambiental mediante ozono non contaminante... Tamén reciclan todo o papel e tintas das impresoras que consomen.

Están a atravesar unha situación económica suficiente para manterse, aínda que moi afectados pola crise que sofre o país en tódolos sectores.

Pensan que o futuro do sector da limpeza será un pouco complicado, xa que cada vez hai máis empresas que se presentan aos concursos públicos, pero que será bo para as empresas que tamén se adican á reciclaxe ou xestión de residuos tan importantes actualmente e que poderán manterse sen dificultades ao levar a cabo outro tipo de actividades. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario