jueves, 19 de noviembre de 2015

Deseño da visita e posibles entrevistas

A nosa reportaxe comezará con grabacións e fotografías ás instalacións se nolo permiten e deseguido comezaremos a falar cos empleados, lles faremos algunhas preguntas coma estas:
- De onde proceden a maioría dos cartos que gañades?
- Cantos traballadores sodes?
- Por que só vendedes en Galicia?
- Onde fabricades os produtos?
- Realizades algún tipo de campaña publicitaria? ...
Máis tarde, tentaremos falar cos dirixentes e resolver as preguntas sobre a empresa que tiñamos sen respostar a causa da escasa información que atopamos en internet. Tamén lles preguntaremos se utilizan métodos para reducir custos e como naceu a empresa.
Para rematar agradecerémoslle a súa colaboración e daremos por finalizada a reportaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario