jueves, 19 de noviembre de 2015

Sesión 5

Hoxe estivemos rematando as preguntas sen completar das sesións da semana pasada e fixemos o que estaba programado para hoxe, que era elaborar un deseño da reportaxe. O aproveitamento do tempo foi moi bo, xa que non nos desconcentramos e repartimos ben o traballo, eu fixen a entrada do día de hoxe e axudei a Miguel coa entrada atrasada.

Deseño da visita e posibles entrevistas

A nosa reportaxe comezará con grabacións e fotografías ás instalacións se nolo permiten e deseguido comezaremos a falar cos empleados, lles faremos algunhas preguntas coma estas:
- De onde proceden a maioría dos cartos que gañades?
- Cantos traballadores sodes?
- Por que só vendedes en Galicia?
- Onde fabricades os produtos?
- Realizades algún tipo de campaña publicitaria? ...
Máis tarde, tentaremos falar cos dirixentes e resolver as preguntas sobre a empresa que tiñamos sen respostar a causa da escasa información que atopamos en internet. Tamén lles preguntaremos se utilizan métodos para reducir custos e como naceu a empresa.
Para rematar agradecerémoslle a súa colaboración e daremos por finalizada a reportaxe.

Investigando a empresa

EMPRESA SAMYL, S.L.


1)Nome e tipo de empresa (ámbito nacional ou multinacional, tamaño, número de traballador@s, propiedade, procedencia do capital e outros criterios).

A empresa chámase SamyL e é unha sociedade limitada de tamaño considerable. Posúe preto de 1.500 traballadores que traballa en todo o terriotorio nacional. É unha empresa mixta xa que aínda que a súa propiedade é privada a maior parte dos seus beneficios proceden da administración pública.





2)Sector económico e subsector ao que pertence a empresa.

Pertence ao sector terciario e ao subsector de administración e mantemento.


3)Situación actual e desenvolvemento deste sector no mundo e en España.

Actualmente, o sector terciario engloba á maior parte dos traballadores e traballadoras de España e experimenta un rápido crecemento dende os anos '60. A mediados do século XX tan só o 30% da poboación activa se adicaba a este sector e actualmente preto do 70% dos traballadores/as pertencen a el. No mundo o crecemento deste sector tamén está sendo moi importante: nos países desenvolvidos a porcentaxe de poboación activa adicada ao sector servizos é similar á de España,colocándoo no primeiro posto dos sectores máis importantes, aínda que nos países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento segue habendo poucas persoas adicadas ao sector servizos.

  4)Tipos de actividades económicas que desenvolve a empresa e onde as desenvolve


Os principais servizos que realizan son: limpeza e mantemento de infraestruturas, xardinaría pública, integración de persoas discapacitadas, conservación de medio ambiente e mobiliario urbano... A empresa preséntase a concursos para levar a cabo a administración e a limpeza de lugares públicos como os hospitais, pero tamén en establecementos privados coma hoteis.


5)Localización e factores de localización

Pi y Margall, 72, 1ºC, 36202, Vigo
Non está situado neste lugar por razóns concretas. A empresa chegou a Vigo porque na provincia de Potenvedra existía unha grande actividade laboral e industrial pero non colocou o seu local alí por ningunha razón concreta.


6)Factores produtivos que precisa para a produción: recursos naturais, man de obra e capital.

Precisa de empresas que os abastezan de produtos de limpeza para elaborar a cabo as súas accións e posúe máis de 1.600 traballadores que realizan os servizos de limpeza, mantemento e integración de persoas discapacitadas.


7)Mercado ao que se dirixen os seus produtos (rexional, nacional, internacional, bolsa...)

Diríxese ao mercado nacional, está disponible en toda a Península e Canarias, aínda que o seudirector dirixe tamén outras empresas asociadas que traballan no estranxeiro.
8)Métodos da empresa para reducir custos de produción (deslocalización empresarial), aumentar a produtividade ou a incrementar as vendas (publicidade).

Non realizan a deslocalización empresarial nin ningún tipo de publicidade agás que posúen unha páxina web.



9)Estabilidade laboral dos traballadores

O soldo dos traballadores e traballadoras é estable. Nos concursos nos que participan, as empresas gañadoras non contratan a xente nova, senón que dan emprego a persoas que xa estaban traballando polo que teñen traballo case garantido.
 
10)Convenio colectivo que regula as condicións dos traballador@s do sector

O soldo de cada traballador depende dos convenios firmados no seu contrato. Existen moitos convenios, pero non tódolos traballadores pertencen a tódolos convenios.


11)Relacións das empresas con Organizacións empresariais

A empregada que falou connosco non puido respondermos a esta pregunta.


12)Outros aspectos de interese como a situación actual da empresa

A empresa intenta retirar tódolos produto químicos procedentes das labores de limpeza, usa novas técnicas limpas para levar a cabo o mantemento das augas de hoteis e hospitais como a auga ionizada, desinfección e purificación ambiental mediante ozono non contaminante... Tamén reciclan todo o papel e tintas das impresoras que consomen.

Están a atravesar unha situación económica suficiente para manterse, aínda que moi afectados pola crise que sofre o país en tódolos sectores.

Pensan que o futuro do sector da limpeza será un pouco complicado, xa que cada vez hai máis empresas que se presentan aos concursos públicos, pero que será bo para as empresas que tamén se adican á reciclaxe ou xestión de residuos tan importantes actualmente e que poderán manterse sen dificultades ao levar a cabo outro tipo de actividades. 

jueves, 12 de noviembre de 2015

Sesión 4

Hoxe enviamos as solicitudes ás empresas e tentamos buscar informacion sobre elas, pero non atopamos moito e eu estiven arreglando unha entrada do blog que non se podía ver. O aproveitamento do traballo foi bo aínda que perdín un pouco de tempo co arreglo da entrada.

Modelo de solicitude

Para elaborar o noso proxecto, vamos contactar con dúas empresas das que agardamos a súa colaboración: Galisol e Pansogal.

CORREO PARA GALISOL
Bos días, empresa Galisol :

Somos un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO do Colexio Salesianos María Auxiliadora de Vigo.

Para a asignatura de Ciencias Sociais e Lingua Galega, estamos elaborando un proxecto que consiste en que debemos visitar unha empresa que sexa respectuosa co medio ambiente, ou que realice algunha acción por conservalo.

Pensamos que podemos escoller a súa empresa porque fabrican máquinas que obteñen enerxía renovable e limpa. Cremos que a súa labor é moi acertada e importante, xa que coidadan moito do medio ambiente e sen xente coma vostedes sería imposible obter enerxía renovable.

Por iso pareceríanos interesante centrar o noso proxecto na vosa empresa e gustaríanos que colaboraredes connosco, concretando un día para levar a cabo a visita.


Dito isto, agradecemos de antemán a vosa colaboración e agardamos unha rápida resposta.


Un saúdo




CORREO PARA PANSOGAL

Bos días, empresa Pansogal:


Somos un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO do Colexio Salesianos María Auxiliadora de Vigo.

Para a asignatura de Ciencias Sociais, estamos elaborando un proxecto que consiste en que debemos visitar unha empresa que sexa respectuosa co medio ambiente, ou que realice algunha acción por conservalo.

Cremos que a súa sería unha boa empresa coa que contactar, xa que fabrican máquinas para a obtención de enerxía renovable. Ademais, abastecen as súas instalacións tamén con enerxía limpa, deste xeito non contaminan o medio ambiente e colaboran para a súa conservación.

Por iso pareceríanos interesante centrar o noso proxecto na súa empresa e gustaríanos que colaboraran connosco, concretando un día para levar a cabo a visita.


Dito isto, agradecemos de antemán a vosa colaboración e agardamos unha rápida resposta.

Un saúdo

jueves, 5 de noviembre de 2015

Sesión 3

Hoxe estivemos elaborando en grupo a mesaxe para Pansogal e Galisol e creamos a dirección de correo do grupo. O aproveitamento do tempo foi moi bo xa que case rematamos todo pero non a ensinamos a Eva.

Empresas seleccionadas

NOME DA EMPRESA
SECTOR ECONÓMICO 
CARACTERÍSTICAS SUSTENTABLES
LOCALIZACIÓN E
DATOS DE CONTACTO
ENLACE PÁXINA WEB

Ecoplanning S. L.
Sector servizos
O seu obxectivo é deseñar e construír plantas de fabricación ecolóxicas.
México, 3 baixo
info@ecoplanning.fi



Galisol




Sector secundario e de servizos (fabricación e mercado)
Adícase a fabricar máquinas que van ser usadas para obter energía renovable e limpa.
Cesáreo González, 23,
Tlf: 986 41 65 52
Mail: galisol@galisol.com

Teixugo, Sociedad Cooperativa




Sector servizos
Ofrecen unha educación ambiental para o desenvolvemento das persoas e a mellora do medio ambiente.
Rúa Enrique Lorenzo, 21, 36216.
Teléfono: 665 47 11 92

Pansogal





Sector secundario e de servizos (fabricación e mercado)
Deseña, instala e mantén todo tipo de instalacións relacionadas coas enerxías renovables. Tamén respecta o medio utilizando aeroxeradores e paneis solares para abastecerse de auga, luz e calefacción
Gran Vía, 52 baixo
Tlf: 981 61 11 11
Mail: pansogal@pansogal.com