viernes, 11 de noviembre de 2016

Diario de sesións

Hoxe estivemos preparando cooperativamente o caderno de equipo e o plan para organizarnos de cara ao traballo. Limos a información do libro sobre o tema que nos tocou e rematamos todas as tarefas previstas para a sesión de hoxe.

Plan de equipo

No noso grupo temos pensado organizarnos da seguinte maneira:
- O traballo será repartido equitativamente entre os membros do equipo.
- Este traballo será de obrigatoria realización, polo que se alguén non fai a súa parte individual, o grupo comunicará do feito á profesora.
- Non se realizará copia-pega na elaboración das actividades, senón se fará de elaboración propia.

Caderno de equipo

Distribución dos cargos:
Coordinador/a: Hugo
Secretario/a: Andrea
Encargado/a de material: Iria
Axudante: David

Explicación das funcións:
Coordinador/a: Organizar ao equipo e representalo.
Secretario/a: Axudar ao cordinador.
Encargado/a de material: Gardar e traer o material do grupo.
Axudante: Axuda en todas as tarefas e dúbidas.

Normas do grupo:
- Distribución igualitaria do traballo.
- Aproveitar as sesións de traballo.
- Respectar os turnos de fala e escoitar.
- Acadar o traballo propio para non perxudicar ao conxunto e aportar ideas, participar.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

O ROMANTICISMO

DEFINICIÓN:

O romanticismo é un movemento cultural, literario e artístico surxido en oposición á ilustración en Alemaña e Inglaterra a finais do século XVIII e nas primeiras décadas do XIX. Máis tarde extendeuse por toda Europa e por América e dáballe un enfoque maior aos sentementos e incluso cambiando a forma de entender a vida.

EXEMPLOS:

Martínez de la Rosa: La conjuración de Venecia.
Willian Blake: El Infierno de Dante.
Willian Turner: Licencia, vapor y velocidad.
García Gutiérrez: El trovador.

EXEMPLO:

Resultado de imagen de la balsa de la medusa

"La balsa de la medusa" Theodore Géricault

A obra representa os doce días que durou o flote da balsa que quedou despois do hundimento da medusa frente ás costas da África occidental en 1816.
As cores xogan un gran papel na obra xa que nesta corrente se buscan contrastes lumínicos que resalten o dramatismo, podemos ver unha escena de oscuridade cunha liña de luz ao fondo que representa a salvación ou a calma.
Unha paisaxe de ruinas e destrucción indica a melancolía característica do Romanticismo. Tamén representa as forzas da natureza ao destruir a flota e o movemento de persoas hacia a salvación.
Observamos que está pintada a óleo e ten pinceladas libres e vivas, os elementos xa non están tan definidos.

FONTES CONSULTADAS:

http://definicion.de/romanticismo/

http://e-ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio//3750/3779/html/11_rasgos_generales_del_romanticismo.html

http://www.redaccion-digital.com.ar/La%20Balsa%20de%20la%20Medusa.htm

http://www.monografias.com/trabajos101/romanticismo-caracteristicas-generales-y-autores-mas-importantes/romanticismo-caracteristicas-generales-y-autores-mas-importantes.shtml 



jueves, 9 de junio de 2016

As instruccións do noso xogo

O xogo contén:
Catro fichas
Tableiro (mapa)
Dado
Tarxetas coas preguntas correspondentes aos números das casillas

Instruccións:
1- De dous a catro xogadores.
2- Para decidir quen comeza, cada xogador tira o dado e o que saque o número máis alto decide os turnos de tirada.
3- Comézase na casilla de saída e vaise avanzando correspondendo ao número que saque no dado.
4- Cada casilla ten un número que se corresponde cunha das preguntas, se o xogador/xogadora acerta a pregunta volve a tirar e avanza, se a súa resposta non é correcta pasa o turno ao seguinte.
5- As casillas especiais de cor negra "Tira outra vez" indican que o xogador volve a tirar o dado.
6- As outras casillas especiais de cor vermella indican a volta á casilla de saída.
7- O que primeiro chegue á casilla de "Final" gañará o xogo.

As nosas preguntas corrixidas

http://es.slideshare.net/Alejandramirandaseoa/xogo-xeografa

As nosas correccións das preguntas dos compañeiros de A

https://es.scribd.com/doc/313932409/Preguntas-Asia

Deixamos o enlace ás preguntas xa que temos problemas para publicalas nós, todas están ben menos a número 15.

15. Cal é o río mais longo de Asia?

a) Yangsté
b)Obi
c)Ganxes
d)Huang He

jueves, 12 de mayo de 2016

Plan de equipo

1. Que queremos facer? Temos pensado facer unha "oca" cos países. Trátase dun tableiro con casillas de cores, correspondentes á economía, medio físico, política e desenvolvemento humano. Teremos uns sobres coas respectivas preguntas e en cada unha poderemos mostrar unha gráfica sen dicir de que país é, os xogadores e xogadoras terán que tirar o dado e respostar á pregunta do país e do indicador que lle corresponda. O obxectivo é chegar ao final, se respostan ben continúan co xogo, senón pasa o turno ao seguinte. 2. Como o queremos facer? PASOS: Para comezar precisamos un mapa de Asia meridional, un dado grande, sobres e facer as casillas de cores. As poñeremos no tableiro e asociaremos os sobres con números. COORDINACIÓN: Coordinadora: Iria Axudante: Alejandra Enargada de material: Marina Mediador: Jacobo

domingo, 8 de mayo de 2016

domingo, 28 de febrero de 2016

jueves, 28 de enero de 2016

Exposición do proxecto

No proxecto visitamos unha empresa de limpeza sustentable a cal comezou con fines económicos e rematou con moito interese por coidar o medio ambiente.

Entre as tarefas que realicei durante o proxecto están a busca de empresas para traballar nelas, a preparación da entrevista a Samyl S.L. investigando sobre ela e elaborando preguntas interesantes, contribuín na entrevista a unha das súas empleadas e posteriormente elaborei xunto cos meus compañeiros de grupo a reportaxe escrita e parte da reportaxe audiovisual.

Na visita á empresa visitamos as instalacións e entrevistamos á encargada de Samyl en Vigo, foi moi amable con nós e resolveu todas as dúbidas que tiñamos e a diferenza doutras/os empleados/as das empresas nas que quixemos basear o traballo, nos deixaron que os visitáramos canto antes.

No traballo en equipo intentamos facer case todo na clase, aínda que tivemos que quedar pola tarde para acabar a reportaxe audiovisual, á cal eu non puiden ir por un problema que suxira. Traballei bastante ben e aportei todas a ideas que se me viñeron á cabeza.

Durante o proxecto aprendín a buscar outras saídas cando surxe algún problema ou neste caso moitas empresas non queren que as visitemos. Tamén aprendín a expresarme mellor de forma escrita e a facer documentos de elaboración propia coma o mapa que fixemos no cal se mostran as empresas de Samyl por toda España.

O máis difícil foi cando comezamos a entrevista, que non falábamos tan fluidamente. Tamén foi difícil elaborar a reportaxe escrita xa que ao principio non sabiamos como contrastar toda a información.

O máis fácil foi no principio, cando comparamos as empresas que atopábamos e buscábamos información sobre elas.

Se tivese que repetir cambiaría os documentos que sacamos da empresa, houbera sacado máis fotos e houbera gravado un vídeo do lugar.

Non cambiaría a elección final da empresa Samyl xa que foron, como xa dixen antes, moi amables con nós e respostaron a todo o que lles preguntamos.